Blog

Últimas Novedades

La Asociación Ceao-Gándaras renueva el convenio con Abanca

  • 09 Noviembre 2021
  • Asociación Polígono de O CEAO - AS GÁNDARAS
  • Noticias
La Asociación Ceao-Gándaras renueva el convenio con Abanca

Hoy, 9 de noviembre, la Asociación ha renovado la firma del convenio con Abanca

 

ABANCA vén de renovar o seu acordo de colaboración coa Asociación de Empresarios do Ceao e das Gándaras, que agrupa ás empresas de ambas áreas industriais lucenses. Desta forma, a entidade financeira amosa o seu apoio á actividade produtiva da província e redobra o seu compromiso coa viabilidade e o crecemento dun dos focos de riqueza e emprego máis importantes de Lugo.

O acordo foi asinado esta mañá polo director territorial de ABANCA en Lugo, Javier Soto, e pol o Presidente da Asociación de Empresarios do Polígono do Ceao e das Gándaras, Francisco Dorado.

Mediante este acordo, ABANCA pon a disposición das empresas que pertencen á asociación un plan de financiamento que se faga cargo das súas necesidades e unha serie de produtos e servizos que reforcen a competitividade nos proxectos para facer fronte aos investimentos. Os empresarios contarán tamén con produtos deseñados de maneira específica, como os préstamos persoais e hipotecarios ou leasing mobiliario, con amplos prazos de amortización, posibilidade de carencias e xuros moi competitivos.

Os asociados poderán gozar das vantaxes que lles ofrecen outros produtos e servizos como as pólizas de crédito, liñas de desconto comercial, avais, confirming ou factoring. No convenio tamén se recollen as liñas de financiamento postas en marcha polo ICO e o Igape para os empresarios do polígono e que son tramitadas por ABANCA.

Ademais, os empresarios terán acceso ao Programa Cero Comisións de ABANCA, grazas ao que poderán deixar de pagar por servizos como o mantemento de contas ou tarxetas, transferencias, ingreso de cheques e outros servizos. A maiores, poderán empregar a banca electrónica, o Bróker Online, ABANCA Pay e o servizo ‘Appúntame’, que lles facilitará a xestión sinxela de calquera tipo de cotas, domiciliacións e subscricións para eles mesmos e os seus clientes.

Así mesmo, co obxecto de contribuir a dinamización dos polígonos, ao longo do ano levaranse a cabo actividades e eventos que permitan pór en valor este acordo.

Asociación Polígono de O CEAO - AS GÁNDARAS