Blog

Últimas Novedades

EMPREGA-T FEST

  • 12 Agosto 2024
  • Asociación Polígono de O CEAO - AS GÁNDARAS
  • EMPREGA-T FEST
EMPREGA-T FEST

19 de setembro do 2024

Que é Emprega-T Fest?

Emprega-T Fest é o evento ideal para conectar empresas co talento local que está á procura de novas oportunidades profesionais. Organizado polo Concello de Lugo, o Campus Terra e a Área de Orientación Laboral da Universidade de Santiago de Compostela, e a Asociación de Empresarios de “O Ceao As Gándaras”, este festival ofrece un espazo dinámico e cheo de enerxía para cubrir as necesidades de talento das empresas e dar resposta aos diferentes perfís de demandantes de emprego.

Os asistentes poderán participar en actividades que faciliten a súa incorporación ao mundo laboral, interactuando con recrutadores de empresas de distintos sectores, asistindo a conferencias e mesas redondas, potenciando as súas competencias e habilidades comunicativas a través dos obradoiros e presentando o seu talento nas entrevistas rápidas coas empresas.

 

ACTIVIDADES

  • Stands de Empresas

Poderás visitar os stands das empresas para coñecer de primeira man a súa actividade, os perfís profesionais que buscan e as oportunidades de desenvolvemento que ofrecen. 

Pode ser a túa oportunidade para facer contactos! 

 

  • Speed Dating

Aproveita as entrevistas de selección rápida (10 minutos) para impresionar aos teus futuros empregadores

Para participar tanto as empresas, como as persoas demandantes de emprego deben rexistrarse.

Prepárate ben e trae o teu mellor currículo!

 

  • Lecer Fest

Entre actividade e actividade, poderás relaxarte na nosa área de lecer. Dispoñemos de food trucks  e unha ambientación perfecta para descansarsocializar e gozar do día.

Fai unha pausa, recupera enerxía e segue co teu percorrido polo Emprega-T Fest.

 

CHARLAS, MESAS REDONDAS E OBRADOIROS

  • Charlas e Mesas Redondas

Participa nas charlas e mesas redondas impartidas por expertos de diferentes sectores. Nestes encontros informativos e de debate, abordarase temas como as tendencias do mercado laboral, as habilidades máis demandadas polas empresas, consellos para mellorar a túa empregabilidade e moito máis. Esta será unha excelente oportunidade para aprender e interactuar con profesionais experimentados, coa finalidade de descubrir talento e atopar oportunidades laborais.

  • Obradoiros

Os obradoiros prácticos están deseñados para ofrecerche ferramentas útiles e aplicables na túa busca de emprego. Participa en actividades que che axudarán a mellorar o teu currículo, prepararte para entrevistas, desenvolver habilidades de networking e moito máis. Cada obradoiro será unha experiencia enriquecedora para todos os asistentes.

 


Como participar en Emprega-T Fest?

Buscas talento?

Se a túa empresa está interesada en participar cun stand e/ou programar entrevistas de traballo con candidatos de diversos perfís, contacta con nós.

Non perdas esta oportunidade de conectar co talento lucense e atopar os perfís que necesita a túa empresa.

 

REXISTRA AS TÚAS OFERTAS en https://lugo.portalemp.com/login.html 

 

Buscas traballo ou prácticas?

  • INSCRÍBETE

Completa os teus datos no formulario de rexistro ou achegate a área de orientación laboral do Concello de Lugo en Espazo Lab.

O prazo de inscripción remata o mércores 17 de setembro ás 14:00h.

  • CV

Adxunta o teu currículo e revisa as ofertas de emprego dispoñibles.

  • CANDIDATURA

Se o teu perfil se axusta ao posto de traballo, asignarémosche unha entrevista!

Non esquezas levar copias do teu currículo impreso!

 

PRESENTA A TÚA CANDIDATURA en https://lugo.portalemp.com/login.html 

 

Para máis información en https://empregat.arquivalugo.gal/ 

Asociación Polígono de O CEAO - AS GÁNDARAS