+34 982 20 97 45 [email protected]
Últimas Novedades
O pasado venres 6 de marzo tivo lugar nas instalacións da Asociación de Empresarios do Ceao e As Gándaras un encontro institucional co conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia, José González Vázquez, nunha xornada que serviu para fortalecer o diálogo directo entre a administración autonómica e o tecido empresarial do polígono.
O encontro reuniu a empresarios e empresarias da contorna nun espazo de conversa aberta no que puideron trasladar de maneira directa as súas inquietudes, necesidades e propostas. A reunión desenvolveuse nun ambiente próximo e participativo que favoreceu o intercambio de impresións sobre cuestións clave como a formación para o emprego, a captación de talento e os retos actuais do mercado laboral.
O presidente da asociación, Francisco Dorado, exerceu de anfitrión da xornada e puxo en valor a importancia de impulsar espazos de encontro que permitan achegar as administracións públicas ao tecido empresarial e coñecer de primeira man a realidade das empresas que desenvolven a súa actividade nos polígonos industriais da cidade. Durante a visita, o conselleiro estivo acompañado polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, e pola directora territorial da Consellería, Carmen José López.
Durante o encontro, o conselleiro destacou o modelo de formación para o emprego impulsado pola Xunta de Galicia, baseado na flexibilidade, na especialización e na adaptación ás necesidades reais das empresas. Neste sentido, explicou as principais liñas de actuación que se están a desenvolver no marco da renovación das políticas activas de emprego, orientadas a reforzar a conexión entre a formación e a inserción laboral.
Así mesmo, abordáronse diferentes iniciativas destinadas a favorecer a captación de talento e a mellorar a competitividade do tecido empresarial galego, así como programas específicos orientados a incentivar a contratación e a cualificación profesional das persoas traballadoras.
Desde a Asociación de Empresarios de O Ceao e As Gándaras valoramos moi positivamente a celebración deste tipo de encontros, que contribúen a fortalecer a colaboración institucional e a avanzar na definición de medidas que respondan ás necesidades reais das empresas do polígono e do conxunto do tecido empresarial de Lugo.
En la actualidad la Asociación cuenta con una amplia dotación de equipamiento informático, formativo y de presentaciones que hacen de su Centro Social un referente en materia de apoyo y de asistencia a las más de 170 empresas que la integran, contando con un espacio a su entera disposición para sus actividades internas (formación, presentaciones, divulgación, seminarios ...).
Somos una entidad sin ánimo de lucro cuya finalidad es velar por los intereses comunes de todos los miembros de la Asociación.
Puedes solicitar una cuenta desde nuestro formulario de solicitud o ponerte en contacto con la asociación mediante el formulario de contacto, por teléfono o correo electrónico.