+34 982 20 97 45 [email protected]
Últimas Novedades
A Asociación de Empresarios de 'O Ceao As Gándaras' colabora coa Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS) na difusión dunha nova campaña de doazón de sangue que terá lugar no Polígono do Ceao o próximo xoves 18 de xuño, en horario de 09:30 a 14:30 horas.
A unidade móbil de ADOS estará situada no aparcadoiro de Hierros Ferreiro (ao carón da áncora), co obxectivo de facilitar a participación das persoas traballadoras e das empresas da contorna nesta iniciativa solidaria.
A doazón de sangue resulta esencial para garantir a asistencia sanitaria nos hospitais galegos. Cada día son necesarias entre 400 e 500 doazóns para atender intervencións cirúrxicas, tratamentos oncolóxicos, transplantes, accidentes e outras situacións de urxencia. Ao tratarse dun recurso que non se pode fabricar, a colaboración cidadá é fundamental para asegurar a súa dispoñibilidade.
Poden doar sangue as persoas maiores de 18 anos, cun peso superior aos 50 quilos e que gocen dun estado de saúde normal. Antes da doazón, o persoal sanitario realizará unha breve revisión médica e todo o proceso levarase a cabo con material estéril e dun só uso.
Dende a Asociación de Empresarios de 'O Ceao As Gándaras' animamos ás empresas, traballadores e traballadoras do polígono a participar nesta campaña e contribuír cun xesto sinxelo que pode axudar a salvar vidas.
Para máis información, ADOS pon á disposición da cidadanía os teléfonos 900 100 828 e 881 546 900, así como a súa páxina web.
En la actualidad la Asociación cuenta con una amplia dotación de equipamiento informático, formativo y de presentaciones que hacen de su Centro Social un referente en materia de apoyo y de asistencia a las más de 170 empresas que la integran, contando con un espacio a su entera disposición para sus actividades internas (formación, presentaciones, divulgación, seminarios ...).
Somos una entidad sin ánimo de lucro cuya finalidad es velar por los intereses comunes de todos los miembros de la Asociación.
Puedes solicitar una cuenta desde nuestro formulario de solicitud o ponerte en contacto con la asociación mediante el formulario de contacto, por teléfono o correo electrónico.