+34 982 20 97 45 [email protected]
Últimas Novedades
O encontro contou coa participación de representantes do tecido empresarial e das distintas administracións públicas, consolidándose como un espazo para fortalecer as relacións e fomentar a colaboración entre as empresas dos dous polígonos industriais.
A Asociación de Empresarios do Ceao e As Gándaras (AEPOCAG) celebrou o pasado venres, 20 de novembro, a segunda edición da Xuntanza, un encontro que reuniu arredor de 50 persoas na Cafetería Restaurante Yaldara, no polígono das Gándaras de Lugo.
A cita contou coa participación de representantes de empresas dos dous polígonos industriais, membros da directiva da asociación e representantes das administracións local, provincial e autonómica, nunha xornada dedicada a fortalecer os vínculos entre o tecido empresarial e favorecer novas oportunidades de colaboración.
O acto comezou coa benvida da presentadora, Lucía Rodríguez, quen deu paso á proxección dun vídeo resumo das principais actividades e iniciativas desenvolvidas por AEPOCAG desde a anterior edición da Xuntanza, celebrada en 2025.
Durante a proxección, fíxose especial fincapé na axuda concedida á asociación en materia de seguridade, así como na importancia da participación das empresas a través dos cuestionarios promovidos pola entidade, fundamentais para coñecer as súas necesidades e orientar futuras actuacións.
A continuación, interveu o presidente de AEPOCAG, Francisco Dorado, seguido dos representantes institucionais presentes no encontro: Jorge Bustos Atanasio, concelleiro do PSOE no Concello de Lugo; Miguel Fernández, deputado provincial; Alfonso Villares, delegado territorial da Xunta de Galicia; e Elena Candia, alcaldesa de Lugo.
Tras as intervencións, deuse por finalizada a parte institucional do acto e convidou as persoas asistentes a continuar a xornada cun aperitivo e un xantar, favorecendo un ambiente máis distendido no que compartir experiencias, establecer contactos e estreitar relacións entre as empresas participantes.
Con esta segunda edición, AEPOCAG reafirma o seu compromiso coa dinamización do tecido empresarial do Ceao e As Gándaras, apostando por iniciativas que fomenten o encontro, a comunicación e a cooperación entre as empresas.
Desde a Asociación agradecemos a participación de todas as persoas asistentes, así como a implicación das empresas, entidades e representantes institucionais que contribuíron á celebración desta nova edición da Xuntanza.
En la actualidad la Asociación cuenta con una amplia dotación de equipamiento informático, formativo y de presentaciones que hacen de su Centro Social un referente en materia de apoyo y de asistencia a las más de 170 empresas que la integran, contando con un espacio a su entera disposición para sus actividades internas (formación, presentaciones, divulgación, seminarios ...).
Somos una entidad sin ánimo de lucro cuya finalidad es velar por los intereses comunes de todos los miembros de la Asociación.
Puedes solicitar una cuenta desde nuestro formulario de solicitud o ponerte en contacto con la asociación mediante el formulario de contacto, por teléfono o correo electrónico.