+34 982 20 97 45 [email protected]
Últimas Novedades
A Asociación de Empresarios do Ceao e As Gándaras (AEPOCAG) celebrará o próximo venres 20 de novembro a segunda edición da Xuntanza
A Asociación de Empresarios do Ceao e As Gándaras (AEPOCAG) celebrará o próximo venres 20 de novembro, ás 13:00 horas, na Cafetería Restaurante Yaldara, a segunda edición da Xuntanza, un encontro empresarial que busca favorecer o coñecemento mutuo, o intercambio de experiencias e a colaboración entre as empresas de ambos os polígonos.
Tras a primeira edición celebrada en 2025, a asociación dá continuidade a esta iniciativa co propósito de consolidar un espazo de encontro no que empresarios/as, directivos/as e responsables de empresas poidan compartir experiencias, establecer novos contactos e explorar oportunidades de colaboración nun ambiente próximo e distendido.
Baixo o lema «As grandes oportunidades tamén comezan arredor dunha mesa», a Xuntanza 2026 pretende poñer en valor a importancia das relacións entre as empresas que comparten un mesmo espazo de actividade económica.
A Xuntanza está dirixida tanto a empresas asociadas como non asociadas, co obxectivo de fomentar a participación do conxunto do tecido empresarial do Ceao e As Gándaras.
Con esta iniciativa, AEPOCAG continúa apostando pola creación de espazos que favorezan a cooperación, o diálogo e o fortalecemento das relacións profesionais entre as empresas dos polígonos. Ademais, este ano conta co apoio do Concello de Lugo.
O encontro celebrarase o venres 20 de novembro, ás 13:00 horas, na Cafetería Restaurante Yaldara, situada na Rúa A do Polígono As Gándaras, en Lugo.
O prezo da participación é de 50 euros por persoa, e inclúe entrantes, prato principal, sobremesa e bebidas.
Para formalizar a inscrición, as persoas interesadas deberán realizar unha transferencia bancaria cos seguintes datos:
Número de conta (ABANCA): ES59 2080 0177 3730 4000 5109
Concepto: XUNTANZA2026 + nome da empresa
Unha vez realizada a transferencia, será necesario enviar o xustificante de pagamento ao correo electrónico [email protected].
Para máis información, pódese contactar coa asociación no teléfono 604 068 842.
En la actualidad la Asociación cuenta con una amplia dotación de equipamiento informático, formativo y de presentaciones que hacen de su Centro Social un referente en materia de apoyo y de asistencia a las más de 170 empresas que la integran, contando con un espacio a su entera disposición para sus actividades internas (formación, presentaciones, divulgación, seminarios ...).
Somos una entidad sin ánimo de lucro cuya finalidad es velar por los intereses comunes de todos los miembros de la Asociación.
Puedes solicitar una cuenta desde nuestro formulario de solicitud o ponerte en contacto con la asociación mediante el formulario de contacto, por teléfono o correo electrónico.